Final de Película de Gustavo Pernas
Caixanova presenta o venres 28 de abril de 2006, ás 22’30 horas, a representación de FINAL DE PELÍCULA a cargo de ANCORA PRODUCCIÓNS, autor e director Gustavo Pernas Cora, gañadora do XII Premio Rafael Dieste -2005, no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova en Vigo.
"Na actualidade, a linguaxe non é utilizada para a súa verdadeira función que é a de comunicar. As persoas manipulan as palabras e istas convértense nunha arma en favor dos intereses de quenes as pronuncian" sinalaba onte Pernas, na presentación da súa obra na Coruña.
A consecuencia desta actitude é, para o autor, a constante manipulación e dominación duns individuos sobre outros. Unha idea que a través de metáforas está presente ao longo de toda a obra, que supón o primeiro drama do autor.
Partindo desta "banalización" da linguaxe e dos diálogos que establecen os protagonistas de Final de película, Pernas aborda temas de candente actualidade na sociedade do século XXI coma a solidaridade, a educación, a identidade ou a inmigración.
Este último tema foi destacado durante a presentación polo autor. "Unha persoa do chamado primeiro mundo recibe a outra dun país extranxeiro cunha falsa hospitalidade que non agocha máis que hipocresía. Isto ocurre na obra, onde un dos personaxes é colombiano e revoluciona aos demais" indica Pernas.
O escritor galego amósase preocupado pola situación do home e afirma que "a sociedade actual oculta unha gran bomba que pode estoupar en calquer momento. Vivimos nunha democracia sofisticada, onde prevalece a libertade de expresión pero que, ás veces, encúbrese dos fantasmas do fascismo".
Gustavo Pernas, que alterna a súa faceta coma escritor de dramática coa de director teatral, recibe por segunda vez -en 2001 o acadou con Footing- o galardón de teatro en lingua galega Rafael Dieste, que a Deputación da Coruña organiza desde 1991.
O premio, cunha dotación económica de 6.050 euros, consta da publicación da obra gañadora e da súa representación teatral. Neste senso, Pernas amosouse agradecido coa difusión que da arte teatral fai a Deputación. Sen embargo, reivindicou a condición do teatro coma literatura. "As obras teatrais teñen dous destinatarios: o espectador e o lector. Non podemos olvidar a importancia do teatro para leer porque senón, a metade da literatura universal iría ao lixo" indicou Pernas.
Unha película alemana subtitulada estase a proxectar en sesión de madrugada nun minicine. Só hai catro espectadores solitarios na sala, sen relación entre eles, dous homes de mediana idade, “O espectador” e “O home”, un rapaz de vintedous anos, “O mozo”, é unha muller madura, “A muller”. Cando a película está próxima ó clímax, interrómpese, deixando ós espectadores sen coñecer o final. Diante das protestas daqueles, “O acomodador”, un home vello que agacha e disimula a súa cegueira, promete repoñer a proxección, pero a espera prolóngase de máis e os clientes especulan sobre os posibles finais da película e interpretan de xeito moi diverso e mesmo contraposto o seu argumento. O personaxe máis polémico da ficción cinematográfica é unha rapaza, unha inmigrante turca que traballa de asistenta no fogar dunha familia alemana de clase media e que sofre os aldraxes dos seus membros. A través das diferentes lecturas, os espectadores amosan cadanseus caracteres, ideoloxías e comportamentos que os levan a desenvolver pequenos conflictos entre eles. Un apagón aumentará a expectativa de recomezar a sesión, pero un novo personaxe aparece na escena, “Mayra”, unha muller nova, de orixe colombiana, que se refuxia no cine, perseguida por un descoñecido. Á trama e ó suspense da película súmase agora a historia da rapaza que presenta moitas semellanzas co personaxe fílmico e que aumenta a intriga da sesión nocturna. As diferentes posturas dos espectadores en relación á película amósanse agora nas actitudes respecto de “Mayra”, que van desde a protección do “acomodador”, “A muller” e “O espectador”, pasando polo namoramento de “O mozo”, ate o desexo máis carnal pola parte de “O home”. Daquela os conflictos reais se sucederán na sala, mesturándose cos da ficción ate confundirse e semellar que os espectadores encarnan os papeis da película. Cando “O acomodador” amaña a máquina de proxección, o final da película xa está presto a resolverse na sala mediante as accións dos espectadores.
O elenco está formado por Anxela G. Abalo, Vicente De Souza, Fernando Morán, Xabier Deive, Estíbaliz Veiga, Marcos Pereiro.
O libro parte da manipulación da linguaxe que fan os individuos para amosar aspectos da sociedade contemporánea coma a insolidaridade, a educación ou a inmigración.
A. Ramil.A Coruña
"Na actualidade, a linguaxe non é utilizada para a súa verdadeira función que é a de comunicar. As persoas manipulan as palabras e istas convértense nunha arma en favor dos intereses de quenes as pronuncian" sinalaba onte Pernas, na presentación da súa obra na Coruña.
A consecuencia desta actitude é, para o autor, a constante manipulación e dominación duns individuos sobre outros. Unha idea que a través de metáforas está presente ao longo de toda a obra, que supón o primeiro drama do autor.
Partindo desta "banalización" da linguaxe e dos diálogos que establecen os protagonistas de Final de película, Pernas aborda temas de candente actualidade na sociedade do século XXI coma a solidaridade, a educación, a identidade ou a inmigración.
Este último tema foi destacado durante a presentación polo autor. "Unha persoa do chamado primeiro mundo recibe a outra dun país extranxeiro cunha falsa hospitalidade que non agocha máis que hipocresía. Isto ocurre na obra, onde un dos personaxes é colombiano e revoluciona aos demais" indica Pernas.
O escritor galego amósase preocupado pola situación do home e afirma que "a sociedade actual oculta unha gran bomba que pode estoupar en calquer momento. Vivimos nunha democracia sofisticada, onde prevalece a libertade de expresión pero que, ás veces, encúbrese dos fantasmas do fascismo".
Gustavo Pernas, que alterna a súa faceta coma escritor de dramática coa de director teatral, recibe por segunda vez -en 2001 o acadou con Footing- o galardón de teatro en lingua galega Rafael Dieste, que a Deputación da Coruña organiza desde 1991.
O premio, cunha dotación económica de 6.050 euros, consta da publicación da obra gañadora e da súa representación teatral. Neste senso, Pernas amosouse agradecido coa difusión que da arte teatral fai a Deputación. Sen embargo, reivindicou a condición do teatro coma literatura. "As obras teatrais teñen dous destinatarios: o espectador e o lector. Non podemos olvidar a importancia do teatro para leer porque senón, a metade da literatura universal iría ao lixo" indicou Pernas.
A obra Final de película representarase por once concellos da provincia da man da compañía teatral Ancora Produccións. O estreo terá lugar, o vindeiro 9 de marzo a partir das 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña para proseguir por Oleiros, Arteixo, Ribeira ou Ames.
0 comentarios