Blogia
ebora

"Bando" de Manuel María

 

 

Prohíbeselle a lúa

andar ceiba de noite polo ceo.

A lúa é unha tola que anda espida

dando mal exempro ás nenas castas

i ós fillos de famillia.

Pagarán trabuco os poetas.

Prohíbese soñar de 10 na 11.

Prohíbese tamén derramar bágoas.

Pódese chorar tan só cando hai sequía

pra que non fiquen valeiros os pantanos.

 

                       Documentos personaes (1958)

0 comentarios